Federación de Pensionistas y Jubilados de CCOO | 7 diciembre 2024.

Foto: Asamblea en Ferrol

Devolución del IRPF a los pensionistas de las mutualidades

    La Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia informa a las personas pensionistas y jubiladas que hasta el 31 de diciembre de 1978 trabajaron por cuenta ajena y realizaron aportaciones a las mutualidades, de que ya pueden solicitar la devolución de las cantidades que correspondan en concepto de IRPF.

    12/04/2024.
    Asamblea en Ferrol

    Asamblea en Ferrol

    Devolución do IRPF aos pensionistas das mutualidades

    A Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia informa as persoas pensionistas e xubiladas que ata o 31 de decembro de 1978 traballaron por conta allea e realizaron achegas a mutualidades, de que xa poden solicitar a devolución das cantidades que correspondan en concepto do IRPF.

    Grazas ás negociacións entre CCOO, a Seguridade Social e a Axencia Tributaria, as persoas nesta situación non precisarán presentar demanda nin achegar documentación ningunha. Iso si, a solicitude deberase presentar antes do vindeiro 30 de xuño para poder reclamar os últimos catro anos (2019, 2020, 2021 e 2022). As cantidades correspondentes a 2023 aparecerán no borrador da declaración da renda dese ano, que se presentará a partir do 3 de abril.

    A disposición transitoria segunda da lei do IRPF ofrece a posibilidade de que as persoas que perciben pensións de xubilación ou invalidez poidan reducir os rendementos do traballo na declaración da renda polas achegas feitas ás antigas mutualidades laborais que non puideron deducirse no seu momento.

    A Axencia Tributaria xa habilitou un formulario sinxelo que permitirá canalizar todas as solicitudes para a súa resolución en función da información de que dispón a Axencia, así como información sobre a vida laboral dos traballadores/as solicitantes que a AEAT cobrará da Seguridade Social.

    Este formulario pódese utilizar para solicitar as devolucións correspondentes ao período 2019-2023. As persoas interesadas só deberán achegar o DNI, o número de referencia da declaración da renda e o número de conta bancaria para que lles ingresen o importe por transferencia.

    CCOO, que leva semanas cunha campaña informativa por toda Galicia en relación con esta cuestión, ponse á disposición das persoas pensionistas e xubiladas para aclarar as dúbidas que poidan xurdir e, se é o caso, axudalas a tramitar a súa solicitude.

    https://www.ccoo.gal/noticia:689102--Devolucion_do_IRPF_aos_pensionistas_das_mutualidades