Federación de Pensionistas y Jubilados de CCOO | 28 marzo 2024.

Pensionistas de CCOO convocan concentracións esta semana en defensa da atención primaria

    A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) convoca concentracións esta semana en defensa dunha atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores

    25/10/2021.

    URL | Código para insertar

    A FPX-CCOO convoca concentracións en defensa da atención primaria

    A FPX-CCOO convoca concentracións en defensa da atención primaria

    Reclaman a reversión dos recortes que lastraron durante os últimos anos «a principal porta de acceso á sanidade pública» e esixen medidas para que sexa máis accesible para as persoas maiores, «que non sempre teñen medios ou capacidades para as xestións telemáticas».

    Entre outras medidas, a FPX-CCOO pide o aumento do orzamento destinado á sanidade pública, paralizar o peche de centros e a reapertura dos que foron pechados, recuperar a accesibilidade e a atención presencial, restablecer a capacidade dos centros de saúde (respectando os protocolos covid) ou reforzar a atención primaria con novas categorías profesionais para descargar a medicina de familia.

    Máis información no manifesto elaborado pola Federación de Pensionistas de CCOO, que podes ler aquí ou na ligazón anexa a esta nota informativa.

    Concentracións

    Martes, 26 de outubro

     — Vilagarcía de Arousa. Concentración ás 11 na praza de Galicia e rexistro de documento no Concello

    Xoves, 28 de outubro

     — A Coruña. Concentración ás 20 h no Obelisco

     — Ferrol. Concentración ás 12 h no edificio da Xunta (praza de Amada García)

     — Santiago. Concentración ás 12 h diante do Sergas (San Lázaro)

     — Lugo. Concentración ás 12 h diante da Delegación da Consellaría de Sanidade (rúa de María Balteira)

     — Ourense. Concentración ás 11 h diante da Subdelegación do Goberno

     — Vigo. Concentración ás 12 h diante do museo MARCO

    Venres, 29 de outubro

     — Pontevedra. Concentración ás 11 h diante do centro de saúde Virxe da Peregrina (Maestranza)